Libros recomendados

Los cuentos de Shakespeare

Mércores, 20 de decembro de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 12 anos
  • Editorial: El Aleph (2006)
  • Texto: Charles e Mary Lamb
  • Ilustracións: Joëlle Jolivet
  • Tradución: Andrea Morales Vidal
  • ISBN: 84-7669-755-4
  • Prezo: 19,90 €

Escritos no século XIX por Charles e Mary Lamb, os contos de Shakespeare son un clásico na literatura anglosaxona. Estas magníficas adaptacións inician ó lector no universo shakesperiano sen restarlles o ímpetu e o furor das obras dramáticas orixinais.

Gracias a unha excelente traducción podemos achegarnos a dúas comedias (El sueño de una noche de verano e Mucho ruido y pocas nueces) e a catro traxedias (Otelo, Hamlet, El rey Lear e Macbeth), quizáis o máis representativo da obra deste autor. As magníficas ilustracións grabadas de Joëlle Jolivet, redondean unha xoia da literatura xuvenil clásica.

Non hai comentarios

Comenta este libro


© 2006–2007 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra